ENTREVISTA· MERCEDES MOURENZA· Psicopedagoga
«Hai violencia nas aulas porque a hai na sociedade»·
Viveiro analiza la violencia en las aulas
Aunque Galicia no presenta una situación alarmante lo cierto es que, como dice la especialista lucense, la mejor estrategia para evitar problemas es la prevención
Guillermo Hernández 23 FEB. VIVEIRO Lugo
Prosiguen las jornadas 'Aprender para educar', dirigidas a los padres y Organizada por la Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) y el Concello. La experta Mercedes Mourenza analizó la violencia en las aulas y cómo prevenirla.
V.O. ...
-¿Por que hai violencia nas aulas?
-Existe porque existe violencia a nivel social, a aula é un reflexo. Vivimos nunha globalización económica que leva a excluír a determinados grupos.
-¿Qué se podería facer?
-É necesaria unha educación inclusiva e unha educación da intelixencia emocional, dar unha alternativa aos valores dos xoves, xa que agora os valores sociais, nos que se prima a imaxe e o mínimo esforzo en detrimento do pensamento crítico e a solidariedade, van en contra do que se lles esixe aos alumnos,
-¿Qué tipos de violencia hai?
-As máis normais son as interrupcións nas aulas, o acoso escolar ou matonismo e despois outros tipos coma o racismo, a violencia de xénero e o acoso sexual, que se toca menos e que pasa máis desapercibido, pero que tamén existe.
-¿Cal é a situación dos docentes?
-Na maior parte dos casos non están preparados para transmitir valores, o ensino segue sendo de orientación académica, se lles di aos alumnos que se porten ben, pero non se lles di como facelo. sen embargo, sei o difícil que é facer isto con as aulas maxificadas.
-¿Que poden facer?
-Os profesores o que ten que facer é poñer límites, autoridade que non é o mesmo que a imposición e desenvolver métodos para favorecer o traballo en grupo e solidario. Creo que a expulsión debería ser o último recurso.
-¿Pódense previr as condutas violentas nos nenos?
-Dende os dous anos se poden previr para que non deriven en comportamentos negativos, pero o que se prima é a prevención secundaria e terciaria que son máis caras. O que é certo e que este é un problema que implica a vontade de todo o mundo: pais, nais, educadores, concellos, porque é algo que vai repercutir na sociedade, incluso, economicamente. Pero por desgraza invértense moi poucos cartos en prevención. LVDG - 2
* Se hai algo do que se fala hoxe en día relacionado coa educación é da violencia nas aulas. Un problema que, se ben non é novo, é agora cando se está a empezar a tratar e aínda que segundo os indicadores non mostran unha situación alarmante tamén é certo que estamos nun momento no que o necesario é, coma explica a psicopedagoga Mercedes Mourenza, «previr». Mourenza estivo en Viveiro dando unha conferencia dentro das xornadas Aprender a educar dedicadas aos pais e nais de alumnos.

Peace